19 nov. 2013

O Samaín no BOUZA BREY


O SAMAÍN NO BOUZA BREY. CABAZAS, BRUXAS, MEIGALLOS,CONXUROS.... TODO É POSIBLE. PASARÁS MEDO, MOITO MEDO, PERO TAMÉN SERÁ DIVERTIDO.  





O martes 29 de outubro celebramos no colexio o Samaín. Neste curso 2013-14 o equipo de Dinamización escolleu o tema das BRUXAS E AS BRUXARÍAS .









Os alumnos de Infantil realizaron unha vasoira de bruxa voadora e uns colgables de cabazas e os de 1º ciclo de primaria uns gorros de bruxa que quedaron así de bonitos.









Os alumnos de 3º. 4º, 5º e 6º estivemos creando uns colgables móbiles coa figura dunha bruxa e quedaron así de ben na clase.






Ademais arranxouse o salón de actos do colexio como  unha auténtica  caverna de meigallos e feitizos máxicos con dúas meigas de carne e óso que nos meteron moito medo. Nesta caverna os alumnos gañadores do concurso de conxuros e pócemas máxicas leron as súas fantásticas creacións. Déixovos aquí algunhas delas para que vexades como se luciron os nosos alumnos...........

CONXURO PARA A QUEIMADA DE SAMAÍN 

Aves, peixes, curuxas e pequenas bruxas,
magos, maguiños e sapos pequeniños:
ventás do norte, ventás do sur,
bosques escuros e vacas azuis
gruñidos de estómago e místicas herbas.
Seres mitolóxicos, elfos e gnomos.
Tronos da ira, dóuvos a benvida
para que este Samaín, chegue ben ao seu fin.
Mel de ollo, sae de diante,
trolls e ogros fóra dos meus ollos.
Voitres sen pluma e corvos sen peteiro
calamares con dentes e crackens fedorentos
os pés descalzos de magos apestosos.
Iras dos ventos furacanados, terremotos da terra,
avalanchas das neves e sunamis do mar,
eu pídovos: verdadeira felicidade e que aquí e agora
todas as cousas malas desaparezan e non volvan.

Autor: Greta De la Prieta 5º primaria

CONXURO DA MEIGA 

Bruxa bruxada
alento de fada
cabeza de sapo
córneas de gato.

Corvos do inferno
sangue de cervo
trae á miña cova
feitizos de loba.

Cova coveira
lume de fogueira
trae ao meu carón
patas de pichón.

Amigos de Satán
collédevos da man
e que a Santa Compaña        
vos cegue de lagañas.

Desexo con este meigallo
un Samaín de agasallo.

Autor: Roi Darriba Freire 6º primaria

CONXURO DE SAMAÍN

Outubro , o mes das bruxas¡
Ollos de sapo, patas de cabra
que teñas sorte para toda a semana.

Ás de aguia, orellas de coello,
que teñas sorte no mes de xaneiro
uñas de porco, nariz de elefante
que nunca ninguén che quite o teu colgante.

Escamas de crocodilo, cola de can
que sexas feliz todo o verán

Vasoira, vasoiriña
sombreiro voador,
aprende este conxuro
e serás o mellor.

Autor: Abrahán Coello 5º primaria
   
 


Por outra banda, todos os rapaces de primaria participaron nun concurso de cabazas coas que fixemos unha exposición expeluznante e os de secundaria leron neste escenario tenebroso os seus terroríficos e ao mesmo tempo divertidos relatos de meigas e meigallos.








AS NOSAS BRUXAS PARTICULARES DO BOUZA BREY



Este ano houbo tanta participación no concurso de cabazas que as profesoras tiveron que dar vinte diplomas para agasallar a todos os gañadores.


Exposición das cabazas





Na cova da bruxa as profesoras Lourdes e Bea apareceron vestidas de bruxas e daban terribles sustos aos rapaces máis despistados.















Abrahán na lectura do seu conxuro




 No salón de actos, convertido nunha auténtica caverna enmeigada os rapaces puidemos visualizar algunhas curtametraxes relacionadas coa noite dos espíritos como A bruxa regañadentes ou A meiga chuchona.







Os alumnos de secundaria informáronse da historia dunha insólita bruxa galega chamada María Soliña, que foi queimada na fogueira. O grupo Astarot realizou un vídeo sobre a vida desta muller e adicoulle esta canción que leva o seu nome.








Pasámolo de medo e esperamos con impaciencia a chegada do vindeiro SAMASÏNNNNNNN