15 mar 2017

REGUEIFANDO EN VALADARES - MARZO 2017

Regueifando_3º-4ºESO_2017 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

Un ano máis, como xa é habitual no noso colexio, os alumnos de 3º e 4º da ESO participaron nun certame de Regueifas no Auditorio de Valadares. Alí competiron con outros alumnos doutros colexios ara ver cales eran os mellores regueifeiros. Estes son algunhas coplas de presentación que tiveron que facer os nosos regueifeiros.

Ola, bos días a todos
o meu nome é Pauliña,
seguro que xa o sabedes
eu aquí son a raíña. 

O meu nome é Eviña
eu estou aquí cantando
gústame pasalo ben
por iso estou regueifando.

Outra vez en Valadares
creo que xa me coñecedes
o meu nome é Lucía
e comigo abraiaredes.

Bos días nenos e nenas
eu veño a regueifar
chámome Laura Martín
e vos vou abraiar.

O meu nome é Esther
eu veño a deleitarvos
espero que disfrutedes
sobre todo o xurado.


En sesións anteriores tivemos que realizar un taller de improvisación oral e contamos coa presencia de Regueifeiros tan importantes como Luis "O Caruncho" e Pinto de Herbón. Déixamosvos unhas fotos dese día.



Aquí vos deixamos as fotos para poder descargar as súas actuacións, pero antes queremos agradecer a participación dos nosos alumnos seleccionados para tal ocasión: Laura Martín, Esther e Paula Lago, Lucía Jorge, Mario Cebreiro, Eva Fernández, Desireé Cameselle, Natalia Brandaríz e Mario Coteño. Para eles o noso agradecemento e admiración pois a súa actuación foi estupenda e os seus profesores están moi orgullosos do seu traballo porque para regueifar hai que ter agallas, destreza e habilidade.