6 mar. 2014





O venres 14 de febreiro, como anticipo do Entroido visitounos no colexio un mozo moi faladeiro que nos deu a coñecer a figura do MERDEIRO vigués. Este personaxe, recuperado da tradición popular do entroido na nosa cidade está sendo recuperada grazas a dúas asociacións que indagaron sobre esta figura. Este personaxe que posúe uns atributos ben definidos como podedes observar nas fotografías adicábase a burlarse da xente, a pegarlle coas súas varas e a insultar aos viandantes que atopa polo seu camiño. Este ano podereses atopalo polas rúas viguesas do casco vello, así que non vos asustedes se o vedes.



Contounos  que este personaxe popular data dos anos 20 e nesta época os mariñeiros vigueses tiñan por costume vestirse de Merdeiros para incordiar á xente restregando ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. o motivo da existencia desta figura foi a enterna xenreira entre mariñeiros e labregos. O Merdeiro era maleducado e un pouco violento, Corre, brinca e berra polas rúas co ánimo de asustar á xente e golpeala coa súa vara. A súa vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, labregos que viñan á cidade para baleirar os pozos negros para abonar as súas terras.


Os nosos alumnos de 1º da Eso asistiron á actividade e puideron disfrazarse de Merdeiros durante unhas horas para visitar aos seus compañeiros e meterse con eles.









BIBLIOTECAS VIVENTES NO VERBUM

BIBLIOTECAS VIVENTES

O xoves día 10 de abril e como anticipo da Semana do Libro os alumnos de Secundaria tiveron unha saída moi interesante e novidosa no noso colexio. Fomos ao Museo Verbum (Casa das Palabras) para realizar unha actividade relacionada cos libros.

Anteriormente tivemos que entrar na páxina web da Biblioteca e seleccionar tres libros, os que máis nos interesaran, para ler unha síntese do seu contido e poder decidir que tipo de preguntas ou cuestións nos plantexaban.

O máis interesante foi chegar alí e atoparse cos personaxes deses libros e pode falar con eles directamente.

DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOGRAFÍAS PARA QUE VEXADES O INTERESANTE E DIVERTIDA QUE ESTIVO A ACTIVIDADE.

Finalmente ao rematar tivemos unha visita especial de dous xogadores do Celta que contestaron ás nosas preguntas moi amablemente e asinaron autógrafos.



 As regueifas con Josiño do Viso que dixo que no Bouza Brey había grandes Regueifeiros

 CATÁLOGO DE LIBROS:
1. Fiel, leal, valerosa e sempre benéfica
2. A lista da compra
3. It never rains in Southern California
4. Ollos de dragón
5. Mallando no android: Diario dun bloggeiro
6. Aventura extrema: Galicia nos cumios do mundo
7. Arremangar as saias e loitar
8. Carta de perdón ás Xeracións Roubadas
9. Caneando cambadelas
10. A nai que me pariu
11. Non dar puntada sen fío
12. Tres estacións nun só día

MÁGOA NON PODER CONVERSAR CON TODOS. PARA O VINDEIRO ANO SE TEMOS SORTE VOLVEREMOS PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE