15 mar. 2017

REGUEIFANDO EN VALADARES - MARZO 2017

Regueifando_3º-4ºESO_2017 from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

Un ano máis, como xa é habitual no noso colexio, os alumnos de 3º e 4º da ESO participaron nun certame de Regueifas no Auditorio de Valadares. Alí competiron con outros alumnos doutros colexios ara ver cales eran os mellores regueifeiros. Estes son algunhas coplas de presentación que tiveron que facer os nosos regueifeiros.

Ola, bos días a todos
o meu nome é Pauliña,
seguro que xa o sabedes
eu aquí son a raíña. 

O meu nome é Eviña
eu estou aquí cantando
gústame pasalo ben
por iso estou regueifando.

Outra vez en Valadares
creo que xa me coñecedes
o meu nome é Lucía
e comigo abraiaredes.

Bos días nenos e nenas
eu veño a regueifar
chámome Laura Martín
e vos vou abraiar.

O meu nome é Esther
eu veño a deleitarvos
espero que disfrutedes
sobre todo o xurado.


En sesións anteriores tivemos que realizar un taller de improvisación oral e contamos coa presencia de Regueifeiros tan importantes como Luis "O Caruncho" e Pinto de Herbón. Déixamosvos unhas fotos dese día.



Aquí vos deixamos as fotos para poder descargar as súas actuacións, pero antes queremos agradecer a participación dos nosos alumnos seleccionados para tal ocasión: Laura Martín, Esther e Paula Lago, Lucía Jorge, Mario Cebreiro, Eva Fernández, Desireé Cameselle, Natalia Brandaríz e Mario Coteño. Para eles o noso agradecemento e admiración pois a súa actuación foi estupenda e os seus profesores están moi orgullosos do seu traballo porque para regueifar hai que ter agallas, destreza e habilidade.

23 feb. 2017

180 anos de Rosalía

Este 24 de febreiro fai 180 do nacemento de Rosalía de Castro. A nosa homenaxe foi un recital poético dos alumnos de 2º da ESO a todos os seus compañeiros. Eles crearon a melodía para acompañar cada un dos poemas. Desexamos que vos gusten.

Campanas de Bastabales from Colexio Bouza Brey on Vimeo.
Lucía, Mar, Pablo, Aarón, Abraham, Estela, Jorge, Iván, Elisabeth e Raúl

Has cantar from Colexio Bouza Brey on Vimeo.
 Pablo, Gabriel, Alex, Yeray, Aitana, Uxía, Ángel, Nicolás, Pablo, Enrique.

Nascín cando as prantas nasen from Colexio Bouza Brey on Vimeo.

Iker, Greta, Alex,  David, Carla, Xoán, Daniel, Jacobo, Alex e Pablo

Tamén gozamos destoutra versión dun poema de Rosalía

E deste vídeo sobre Rosalía para os máis pequenos
 

13 ene. 2017

O APALPADOR










Un ano máis chegou o Apalpador ao Bouza Brey. Este ano o Equipo de Dinamización decidiu contar coa colaboración dos alumnos de 4º da ESO. Eles dividíronse en 4 grupos, escolleron en cada grupo ao seu propio Apalpador e realizaron unha animación moi divertida cos máis pequenos do colexio. Nesta actividade participaron os alumnos de Infantil, de 1º, 2º,3º e 4º de primaria e levaron para a súa casa un agasallo feito nese día.  Este foi o resultado.



















Deixámosvos un enlace dun vídeo que realizaron os rapaces de 4º da ESO sobre o Apalpador e a actividade de reciclaxe que fixeron cos alumnos.


A figura do Apalpador, reciclaxe e diversión: traballo dos alumnos de 4º ESO. from Colexio Bouza Brey on Vimeo.