24 feb 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 de febreiro

 

Hoxe, 24 de febreiro celebramos en toda Galicia o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO,  a nosa autora máis querida e recoñecida, non só no ámbito literario, senón tamén como muller loitadora e feminista.
Os alumnos de Infantil realizaron un colgadoiro  co seu nome e os alumnos de Primaria e Secundaria participaron nun recital poético cos seus familiares máis achegados onde deron a coñecer distintos poemas de Rosalía, incluso algúns atrevéronse a cantar para nós.
Nos vindeiros días publicaremos os traballos seleccionados e compartirémolos con vós a través deste blog.

ESTADE ATENTOS 
E
FELIZ DÍA DE ROSALÍA