7 dic. 2014

O Samaín no Bouza Brey para os máis pequenos



Dende o equipo de Dinamización do colexio queremos impulsar a tradición da festividade do Samaín. Por ese motivo, todos os anos traballamos arreo para que as nosas tradicións continúen nas nosas vidas e os nosos alumnos coñezan e participen nesta tradición popular da nosa cultura. 
                
  Ambientamos o colexio, lemos contos de medo, vivimos as historias cos nosos contacontos particulares e elaboramos o noso certame de cabazas na que todos participades entusiasmados.


Os máis pequenos tamén contribuíron ao festexo e elaboraron as súas propias cabazas. Iago, o contacontos tróuxonos a historia do "aprendiz do home do saco".













.





Os alumnos da ESO tamén celebran o Samaín


Cine de medo polo Samaín

                                            "Romasanta, a caza da besta"                                                                                                                                  


cartel da longametraxe subtitulada
ao galego

O 29 de outubro celebramos no noso Colexio o Samaín. Este ano a temática elixida foi a lenda do Lobishome.
Os alumnos de secundaria traballaron a lenda do Lobishome de Allariz e miraron a película  coa doblaxe en galego.  

momento da transformación
.
Foi unha película moi interesante pero ao mesmo produciulles un enorme terror ao observar a transformación cinematográfica do lobishome.





Creación Literaria

"o lobisome"

Tamén leron distintas historia elaboradas por eles mesmos e recopiladas nun libro que tiñan como temática xeral a lenda do home lobo.
Concedéronse un primeiro e segundo premio por curso a aqueles textos con máis calidade narrativa e logo poideron contalas diante dos seus compañeiros na sala de audiovisuais onde se creou a atmósfera propicia para que os alumnos disfrutasen das historias.

Así estaba ambientada a nosa sala de audiovisuais que se converteu por un día na cova do home do saco ou do lobishome.

cartel da entrada da sala.
o home do saco en primeiro plano
vixiando as andainas dos alumnos


A verdade e que este ano os alumnos fixeron un gran traballo e poidemos ler historias cheas de intriga, medo ou misterio moi ben elaboradas.
Nunha próxima entrada do blogue, seguramente publicaremos algunhas das historias galardonadas para que poidades disfrutalas coma nós.