6 mar 2014





O venres 14 de febreiro, como anticipo do Entroido visitounos no colexio un mozo moi faladeiro que nos deu a coñecer a figura do MERDEIRO vigués. Este personaxe, recuperado da tradición popular do entroido na nosa cidade está sendo recuperada grazas a dúas asociacións que indagaron sobre esta figura. Este personaxe que posúe uns atributos ben definidos como podedes observar nas fotografías adicábase a burlarse da xente, a pegarlle coas súas varas e a insultar aos viandantes que atopa polo seu camiño. Este ano podereses atopalo polas rúas viguesas do casco vello, así que non vos asustedes se o vedes.



Contounos  que este personaxe popular data dos anos 20 e nesta época os mariñeiros vigueses tiñan por costume vestirse de Merdeiros para incordiar á xente restregando ás súas vítimas con restos de peixes apodrecidos. o motivo da existencia desta figura foi a enterna xenreira entre mariñeiros e labregos. O Merdeiro era maleducado e un pouco violento, Corre, brinca e berra polas rúas co ánimo de asustar á xente e golpeala coa súa vara. A súa vestimenta era unha imitación dos escabicheiros, labregos que viñan á cidade para baleirar os pozos negros para abonar as súas terras.


Os nosos alumnos de 1º da Eso asistiron á actividade e puideron disfrazarse de Merdeiros durante unhas horas para visitar aos seus compañeiros e meterse con eles.









No hay comentarios:

Publicar un comentario