31 oct. 2012

Receitas de Samaín.


Magdalenas de Cabaza
Ingredientes:

  • 200 gramos de cabaza torada                
  • 200 gramos de azucre
  • 100 gramos de fariña
  • 100 gramos de Maizena
  • 2 ovos grandes
  • 75 ml de aceite de xirasol
  • 75 ml de leite
  • 1 sobre de levadura química
  • Azucre e canela para espolvorear

Elaboración:

Mentres prequentamos o forno a 18º, poñemos a cabaza torada nun recipiente apto para microondas e o cocemos 6 minutos a temperatura máxima para que abrande.
Trituramos a cabaza xunto cos ovos, o azucre, o leite e o aceite. Cando teñamos formada a pasta engadimos a fariña e a  levadura e homoxeneizamos a mestura.
Vertemos a masa en moldes de magdalena xa sexan de silicona ou de papel, e espolvoreamos co azucre e canela.  Forneamos durante 30 minutos e  deixámolas  enfriar.

Irene Rguez.


TARTA DE CABAZA

Ingredientes:
  • 25O gr de azucre
  • 1 bote de leite condensada
  • 1 cullerada de canela
  • 1 limón
  • 2 ovos
  • galletas machacadas
  • manteiga

ELABORACION: FERVEMOS A CABAZA E BATÉMOLA. ENGADIMOS TODO O DEMAIS E PASÁMOLA POLA BATEDORA.FORRAMOS A BASE CON GALLETAS MACHUCADAS E MESTURAMOS CON MANTEIGA,SOBRE ESTA,COLOCAMOS A MASA E METEMOS NO FORNO XA QUENTE A 18OºC ATA  QUE CALLE (COAGULE)

Iván Davila.


Chulas de cabaza 
Ingredientes : [4 persoas ].

  • Cabaza, 1 kilogramo de polpa.
  • 2oo gramos de fariña.
  • 2oo gramos de azucre.
  • 6 ovos.
  • Canela.
  • Azucre”glas”.
  • Auga.
  • Sal.
  • Aceite de oliva para fritir.

Preparación :
Pélase a cabaza, córtase en anacos e cócese con auga e sal. Unha vez cocida, pásase a un escorredor e déixase secar moi ben. Nun recipiente fondo bátense os ovos co azucre e a fariña e engádese a cabaza ben escorrida.
Ponse na tixola ó lume cun pouco aceite e, cando estea quente, vamos botando, cunha culler, a cabaza, de tal xeito que quede coma unha chula. Dáselle a volta e facemos a mesma operación coas chulas que se vaian preparar.


Cando estean douradas as chulas, deixámolas escorrer ben e pasámolas a unha fonte con canela e azucre”glas”.

Sara  Cabaleiro.



Biscoito de cabaza

Ingredientes:

  • Dous centos cincuenta gramos  de cabaza (crúa e limpa)
  • Douscentos gramos  de azucre
  • Tres ovos
  • Setenta gramos  de aceite
  • Douscentos cincuenta gramos de fariña
  • Un sobre de levadura

Elaboración 
Mesturar todos o ingredientes nun bol, quedará unha masa bastante pastosa.  Introdúcese a masa nunha manga pasteleira sen a boquilla ou nunha bolsa de plástico á que lle cortamos un extremo. Dispoñer a masa, formando os biscoitos, na bandexa do forno cuberta con papel de fornear, débese deixar separación entre eles porque medran.  Pintar con ovo e espolvorear de azucre.  

Juan Enrique Gil. 
 Galletas de cabaza
  • Ingredientes:
    • 10 gr. de puré de cabaza
    • 10 gr. de fariña simple
    • 75 gr. de azucre
    • 1 ovo
    • 1 cullerada de levadura
    • 50 gr. de peébidas de chocolate amargo
    • 1 chisco de canela

    Preparación:
    Primeiro facemos o puré de cabaza. Despois cortamos a cabaza en anacos e introducimos auga nunha pota a lume medio. Deixar cociñar durante 20 minutos. Pasado o tempo retiramos do lume, a escurrimos ben na auga e triturámola na batidora.

    Quentamos o forno a 180º. Mesturamos o puré coa fariña, e o azucre e o ovo lixeramente batido. Engadimos a levadura, a canela e as pébidas de chocolate. Removemos ben hasta obter una masa homoxénea.

    Unha vez temos a masa preparada vamos formamos pequenos montonciños, para iso collemos unha cullerada grande de masa e derramamola sobre unha bandexa de forno que previamente forramos con papel vexetal. Non poñer moi xuntos os montonciños, porque a masa tende a expandirse un pouco.

    Forneamos durante 10 minutos o ata que as galletas adquiran un tono dourado. Deixamos enfriar un pouco sobre una reixa. Una vez preparadas podémolas consumir temperadas o frías. De calquera xeito está moi boas.


     Aroa Coello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario