10 ene. 2012

O APALPADOR

Este ano recibimos a visita do Apalpador no noso colexio.  O Apalpador é unha figura recuperada das terras do Courel  e trátase dun vello leñador que o 31 de decembro baixa das montañas á vila e visita a todos aqueles nenos apalpándolles a barriguiña e deixándolles castañas e algunha cousa feita a man por el mesmo.  Aquí vos deixo unha cantiga popular recollida en Romeor do Courel por José André Lopez Gonçalez (1994).

CANTIGA DO APALPADOR

Vaite logo meu meñiño
marcha agora pra camiña
que vai vir o Apalpadore
apalparche a barriguiña.

Xa chegou o día grande
dia do noso señore
xa chegou o día grande
e virá o apalpadore.

Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e a vir o Apalpadore
cunha mega de castañas.

Alá por aquela cemba
mira xa ven relumbrando
o señor Apalpadore
para darvos o aguinaldo.


Déixovos a historia do Apalpador:  http://www.%20vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?


Aquí podedes ver ao noso Apalpador particular que baixou das terras do Courel para vir visitar os nosos nenos o día 21 de decembro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario